logo paquebote
66 libros encontrados buscando autor: RAMON CARIDE

www.paquebote.com > RAMON CARIDE

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-17397-53-1

SUEÑOS ELECTRICOS

Editorial: Turpin   Año:    Páginas: 206
Precio: 18,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días


ISBN:

9789729250033

PERIGO VEGETAL

Editorial: DERIVA EDITORES   Año:   
Precio: 8,83
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días


ISBN:

9789729250873

O FUTURO ROUBADO

Editorial: DERIVA EDITORES   Año:   
Precio: 9,32
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días


ISBN:

978-84-9782-514-6

As máscaras de Cronos «Poemas 1994-2005»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 304
Formato: Rústica, 13 x 21
Precio: 23,60
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

As máscaras de Cronos reúne a poesía de Ramón Caride entre 1994 e 2005. Un volume que inclúe os libros éditos Cerne das labaredas (1994), Flor no deserto (1995), e Xeografías do sal (1999) e os libros inéditos Diacrónica (2002), Addenda (2002-2005), ademais dun epílogo do brasileiro A. Soares de Moura. Para Xosé Lois García, prologuista do libro, “estamos diante de cinco rexistro moi ben parcelados que nos dan a dimensión dunha poesía innovadora e do seu autor, quen con anterioridade a este poemarios, xa producira outros tres na década dos oitenta. Estamos, por tanto, ante un poeta que polo seu peso creativo xa ten trascendido, apostando por unha solvente e prestixiosa obra poética, onde mostra unha gran diversidade de rexistros que avalan todas as percepcións que nela se manifestan”. As mascaras de Cronos alerta sobre a importancia da obra dun poeta que para o crítico Vicente Araguas constitúe “unha rosa, digámolo, tan exiquisita como irregular, con vocación lírica e épica, compatible cunha dedicación narrativa que ten acadado importantes metas e galardóns”. Unha poesía definida por Manuel María como “aberta á vida e ao mundo, nunha visión totalizadora e non monográfica. Coido que a poesía de Caride é semellante ao orballo que, ao caer manseliñamente sobre nós, dá a impresión de que non molla pero, cando nos decatamos, estamos humedecidos deica os ósos”.


ISBN:

84-9782-247-1

Dedre

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 120
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 19,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

As pezas narrativas de “Dedre”, o último libro de relatos de Ramón Caride, non requiren maior elucidación: a primeira, titulada “A razón práctica”, é policial; a reescrita das andanzas de Pepe Carrera en dous tempos, personaxe que é, de seu, testemuña e símbolo dun tempo de renuncias, alicerce do noso e das súas miserias. En “Snuff-movie” e “Donald Fuck” sobrancean a cultura de masas, ou a súa ausencia, e o cinema, con homenaxes explícitas a Milo Manara, Rubem Fonseca, Ridley Scott e outras referencias xeracionais. Se nesa primeira parte destacan o realismo, a violencia e a negrura, na segunda, titulada “Da razón impura”, con relatos recentes, Ramón Caride afonda pola contra no humor e na autocrítica, para trasmitir, por medio de sorprendentes artificios, como “Obradoiro literario” ou “A culpa foi de Max Weber”, a ollada do autor, a medias irónica e corrosiva, sobre o noso sistema literario.


ISBN:

978-84-9914-427-6

O sangue dos camiños

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 224
Formato: Rústica
Precio: 19,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Nunha cidade descoñecida un escritor atorméntase coa desaparición da súa amada, mentres en Nova York unha azafata trafica con estrañas mercadorías. En Le-Vivier-Sur-Mer, na Bretaña, outra muller terá un encontro inesperado que rematará por mudar a súa vida. Os camiños dos tres confluirán, se cadra, dun xeito insólito. Como nunha road-movie vertixinosa, O sangue dos camiños (Premio Risco de Literatura Fantástica 2003) debulla, e transcende, os mitos do folclore actual –os dos medios de comunicación de masas–, mantendo a tensión do lector cara á fatalidade dos desenlaces.
Aos dez anos da súa publicación, esta edición definitiva actualiza e recupera a novela, e culmina a triloxía narrativa de sombras e de lume, integrada tamén por Soños eléctricos e Sarou/Louzós.
“A obra máis lograda do autor ourensán, na que enfronta ao home cos avances científicos, a busca dun mesmo na soidade máis absoluta e o camiño cara ao destino de cada un de nós, malia non sermos conscientes da forza e da determinación do azar.” (Isabel Mociño González)
“O sangue dos camiños é unha novela chea de trama, de argumento, de verdadeira historia. Unha historia que mantén sempre a primacía, o interese, a verosimilitude e nos obriga a reflexionar sobre o sentido das nosas vidas e as súas continxencias. Novela de estradas, de peregrinaxes, de fuxidas dun mesmo, de identidades cambiantes; tamén de pesadelos, alustres e frialdades. Con doses selectas de erotismo, de onirismo, de intres nos que o relato se converte nun verdadeiro thriller psicolóxico.” (Francisco Martínez Bouzas)


ISBN:

9788498111361

O baston dos desexos

Editorial: Oxford University Press   Año:   
Precio: 6,90
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.


ISBN:

84-403-0401-3

Historia dunha sobreira

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 84
Formato: Rústica, 19,5 x 12,5 cm.
Precio: 8,00
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

historia dunha sobreira é unha obra teatral que alerta dos perigos de non coidar , respectar e amar a Natureza que nos rodea. Estructurada en tres actos, que poderían ser representados como pezas independentes, fálanos da experiencia dun grupo de escolares que fai o imposible para evitar que tallen a sobreira que, desde sempre, é compañeira e amiga dos rapaces do colexio.


ISBN:

84-403-0400-5

Micifú e os seus amigos

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 48
Formato: Rústica, 21 x 19 cm.
Precio: 7,00
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Micifú é un gato extravagante. Como bo anfitrión, preséntanos os seus veciños e deles nos conta moitos detalles para que poidamos coñecelos mellor. Todos eles son ben distintos, pero coinciden no esencial. ¿Onde estarán agora os amigos de Micifú?


ISBN:

9788440303998

A incerteza dos paraísos

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 104
Formato: Rústica
Precio: 4,95
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Nos relatos de A incerteza dos paraísos a presencia do enigmático coexiste co gozo, co asombro, coa traizón que marcan a vida dos protagonistas, que acabarán sendo víctimas das súas propias paixóns. Todos eles buscan o camiño ó paraíso, pero a felicidade nunca é simple, ésta chea de sombras e misterios.



<<<anteriores  [51-60]  [61-66]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal